
A EXPOSICIÓN
PARA SOLICITAR A EXPOSICIÓN. Envie a afiprodel.org@gmail.com a seguinte solicitude:Solicitude de exposición
“O espazo local é o que está máis preparado para enfrontar os desafíos que lle impón a globalización, porque están en maior contacto coa cidadanía” Borja&Castells
Esta exposición amosa algunhas boas prácticas realizadas en Galicia nas que colaboraron profesionais de desenvolvemento local. Está organizada pola Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia (Afiprodel) en colaboración coas entidades e empresas promotoras das boas prácticas e a Deputación da Coruña.
Foi presentada na Feira de Desenvolvemento Local de Ames e recorrerá durante o ano 2016 os concellos de Galicia que a soliciten.
Nesta exposición atoparanse exemplos de proxectos desenvolvidos no territorio galego e que poñen en valor os seus recursos dun xeito intelixente, harmónico e sostible. Entre as experiencias que se expoñen podemos atopar:
- Activa Combarro: horta e mar (Poio – Pontevedra). Recuperación e transferencia do coñecemento, innovación desde o patrimonio inmaterial.
- Agricultura sustentable (Ames- A Coruña). Recuperación de saberes e sabores.
- Arqueogastronomía (Vimianzo- A Coruña). Recuperación da gastronomía castrexa/medieval e xeración de produto turístico
- As Pontes, experiencia industrial (As Pontes- A Coruña). Creación de produto turístico.
- Cartoy Pro Apoyo (Lourenzá-Lugo). Proxecto emprendedor de mellora da calidade de vida dos maiores.
- Cooperativa comercializadora Terras da Mariña (Lourenzá-Lugo). Proxecto cooperativo de comercialización de fabas de Lourenzá.
- Cova de Eirós: excavación e posta en valor (Triacastela- Lugo). Proxecto de posta en valor de recursos arqueolóxicos.
- Dinamo (Santiago de Compostela). Proxecto emprendedor de mensaxería ecolóxica, o consumo responsable, a cultura e a publicidade local.
- Fortaleza de Tovar (Lourenzá-Lugo). Proxecto turísticos de recuperación do patrimonio.
- Grandicela arquitectas (Lourenzá-Lugo). Proxecto emprendedor de arquitectura sostible.
- Horta de conservación de froiteiras (San Sadurniño- A Coruña). Proxecto de economía agropecuaria local.
- Man: mar, arte e natureza (Camariñas- A Coruña). Producto turístico baseado na obra artística de Manfred Gnädinger.
- O Camiño dos Faros. Sendeiro GR (Costa da Morte-A Coruña). Posta en valor de recursos naturais.
- Restauramar. Fundación Lonxanet para a pesca sostenible.