A FORZA DO LOCAL

Feira de Desenvolvemento Local · Ames 27-28 de novembro de 2015

PRESENTACIÓN

O espazo local é o que está máis preparado para enfrontar os desafíos que lle impón a globalización, porque están en maior contacto coa cidadanía”Borja & Castells

A asociación de profesionais de desenvolvemento local de Galicia (Afiprodel-Galicia) organiza a I Feira de Desenvolvemento Local coa cofinanciación da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Ames (A Coruña). O lema desta feira e “A forza do local” resume a finalidade deste evento que non é outro que o de visibilizar as boas prácticas que dende os territorios galegos están a desenvolverse coa participación dos profesionais de desenvolvemento local.

A forza do local relacionase co termo Glocalización, estratexia de “pensar globalmente e actuar localmente”, e amosa un campo de exploración e praxis innovadoras e colaborativas que conta cos aspectos económico, social-cultural e político-institucional para un desenvolvemento humano, intelixente, sostible, e harmónico.

Cando se fala de desenvolvemento, todos sabemos que en principio estamos falando dunha aspiración de obxectivos múltiples. O desenvolvemento non só é o crecimento económico, non só é o logro de maiores niveis de eficiencia, senon que implica tamén unha serie de valores que se adicionan e que xogan simultáneamente como, por exemplo, maiores niveis de equidade, mellor calidade de vida, equilibrio territorial e sectorial entre os distintos compoñentes dun espazo determinado, xa sexa a nivel nacional ou a nivel local.Francisco Alburquerque

I FEIRA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

OBXECTIVOS

DATAS

LOCALIZACIÓN