A FORZA DO LOCAL

Feira de Desenvolvemento Local · Ames 27-28 de novembro de 2015

screen64

EXPOSITORES

A Feira de Desenvolvemento Local contará con dous zonas gratuítas de actividades para expositores que se poderán solicitar ata o 11 de novembro de 2015. A participación nesta feira suporá a aceptación das súas normas e condicións

  • INSCRICIÓN DE PROXECTOS  –  ZONA DE EXPOSICIÓN:
    Esta zona albergará ata 17 paneis representando boas prácticas en desenvolvemento local realizadas no territorio galego.
    Prazo de inscrición: Ata o 8 de novembro de 2015 Ata o mércores 11 de novembro
    Na planta primeira do Pazo da Peregrina de Ames expoñeránse, mediante paneis e aqueles elementos que cada expositor desexe engadir, ata 17 proxectos de desenvolvemento local realizados no territorio galego nos que se contará coa participación ou colaboración dun profesional de desenvolvemento local. Estes proxectos poden estar promovidos por entidades públicas, privadas, emprendedores e empresas.Os proxectos que desexen participar deberán cobrir e asinar a solicitude de participación e remitila escaneada xunto coa ficha do proxecto a afiprodel.org@gmail.com antes do 8 de novembro de 2015 antes do mércores 11 de novembro. A súa participación supón a aceptación das Condicións e normas da Feira.No caso de contar con máis inscricións que prazas para expositores, Afiprodel contará cun comité seleccionador encargado de nomear aos proxectos que expoñerán finalmente na Feira. A decisión deste comité será inapelable. A composición, criterios e selección realizada por este comité será publicada nesta web na semana do 12 ao 18 de outubro de 2015. Os proxectos seleccionados recibirán notificación no seu enderezo electrónico antes do 19 de novembro de 2015.
    · Solicitude de participación na zona de exposición 
    · Ficha de proxecto 
  • INSCRICIÓN DE PRODUTOS E SERVIZOS  – ZONA DE CARPAS
    A feira contará con zona de carpas para presentación, promoción e venda de produtos e servizos de empresas e/ou entidades asociativas que estén desenvolvendo iniciativas innovadoras e boas prácticas con valor social e alta capacidade de replicabilidade. Neste espazo poderán realizarse exhibicións, degustacións, exposicións de productos, demostracións en vivo, obradoiros de participación….
    As empresas e entidades interesadas en exponer neste espazo deberán realizar a inscrición no apartado Inscrición Zona de CarpasPrazo de inscrición: Ata o 8 de novembro de 2015  Ata o mércores 11 de novembro de 2015
    Na zona exterior do Pazo da Peregrina de Ames instalaranse carpas para expoñer e presentar produtos, servizos e actividades realizadas por empresas e entidades asociativas. Será un espazo activo e dinámico no que poderán realizarse vendas, exhibicións, mostras, actividades de participación…. É un espazo gratuíto no que cada expositor seleccionado poderá instalar o material e productos que desexe.
    Os expositores interesados deberán remitir a folla de solicitude de participación ata o 8 de novembro de 2015  ata o mércores 11 de novembro de 2015 a afiprodel.org@gmail.com.  A súa participación supón a aceptación das Condicións e normas da Feira. No caso de contar con máis inscricións que prazas para expositores, Afiprodel contará cun comité seleccionador que nomeará os participantes que finalmente estarán na Feira. A decisión deste comité será inapelable. A composición, criterios e selección realizada por este comité será publicada nesta web na semana do 12 ao 18 de outubro de 2015. Os expositores seleccionados recibirán notificación no seu enderezo electrónico antes do 19 de novembro de 2015.
    · Solicitude de participación zona de carpas 

Para máis información:
Afiprodel-Galicia afiprodel.org@gmail.com Tfno. 629 273 627