XATEMPREGO: avaliación por parte dos aedl´s de Galicia.

A rede de axente de emprego e desenvolvemento Local cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia conta coa ferramenta XATemprego para inserir as actuacións, usuarios e tarefas que realizan no desempeño das súas funcións.

En febreiro de 2015 unha circular da Subdirección Xeral de Emprego notificaba a esta rede da necesidade de contar cos datos mensuais actualizados do seu traballo e que deberán terse inseridos nos cinco primeiros días do mes seguinte.

Estes datos formaran parte da avaliación das políticas activas de emprego e da Estratexia Española de Activación para o emprego (EEAE) e o Plan Anual de Políticas de Emprego (PAPE). Esta avaliación terá incidencia directa no reparto final de fondos ás Comunidades Autónomas.

Dende Afiprodel cremos necesario que os propios profesionais faigamos unha avaliación desta ferramenta e da súa pertinencia e eficiencia á hora de cumprir os obxectivos e finalidades coa que foi creada e se consideramos é a axeitada para realizar o seguimento das labores realizadas por estes profesionais.

Para este fin temos deseñada unha enquisa que desexamos sexa cuberta por tódolos profesionais. Cos resultados da mesma tentaremos facer un informe para a Consellería e entidades implicadas no XATemprego que será publicado neste Boletín, na web,blog e redes sociais de Afiprodel.

Co enlace https://www.onlineencuesta.com/s/f726b43 accedese á enquisa. Pregamos a vosa colaboración.