Analise da proposta actual do novo PDR de Galicia por parte do GDR Costa da Morte

Despois dun balance moi positivo en canto a resultados no periodo 2007-2013, a redacción da proposta actual do novo Programa Leader 2014-2020 provocará  unha importante redución de fondos Leader e do número de grupos de desenvolvemento local. Esta é unha das principais conclusións das cifras facilitadas polo MAGRAMA.

Para o Leader en Galicia no Período 2014-2020 están asignados un total de 84 millóns de € fronte aos 149 millóns de € do actual período 2007-2013. Estamos a falar dunha reducción de 65.000.000 € (un 43,6% menos). Todo isto a pesar de que para o novo período os Fondos FEADER para Galicia non baixan (tal como sucede nas outras CCAA) senón que inda suben.

Pola súa parte a Unión Europea fixa para cada grupo de desenvolvemento rural un mínimo de 3,75 M€. Este reparto trae asociado unha redución drástica do número de grupos pasando dos actuais 31 a un número entre 17 e 22. Os territorios de influencia dos GDR pasarían a ser moito mais grandes e disporían de menos fondos o que supón un menor apoio aos promotores e unha maior distancia media ata as sedes dos GDRs. Nun momento en que a economía está empezando a “despegar” non se entendería unha redución ás empresas do rural das axudas do Programa Leader.

Na Comunidade Autónoma de Galicia proponse destinar un 7,1% do FEADER para o Programa Leader cando a realidad doutras Comunidade Autónomas é ben distinta:

  • Andalucía 11,7%
  • Aragón 11,2%
  • Castela-León 10,7%
  • Extremadura 9,4%
  • Asturias 17,2%,….

Unha media aritmetica do que lle correspondería a cada novo GDR en Galicia daríanos unha cantidade moito menor que a dos das outras CCAA:

  • Galicia 3,82 M€
  • Andalucía 4,96 M€
  • Aragón 4,89 M€
  • Asturias 6,36 M€
  • Extremadura 4,63 M€,….

Consideracións sobre o nivel de execución do actual Programa Leader 2007-2013

A pesar de empezar con 2 anos de retraso,  o nivel de execución do total de GDRs de Galicia vai sobrepasar os 84M€ que están fixados para o novo período (que supostamente se fixou esa cantidade pois non se iba a superar no rango temporal actual).

As razóns do retraso no funcionamento foros varias. Por unha banda oubo que formar novos grupos e logo seleccionar novos equipos técnicos, co que se empezou a traballar con retraso causando unha perda de parte dos fondos de 2008 e 2009. Asimesmo a ausencia dun manual de procedemento e dun programa informático de xestión impediu unha axilidade na xestión os fondos. AGADER pola súa banda tivo retrasos á hora de verificar expedientes, emitir resolucións e de revisar certificacións (posiblemente por falla de persoal). Finalmente no ano 2014 non se permitiu que os anticipos de subvención computasen á hora de xustificación da anualidade e sen embargo houbo outros departamentos que sí o permitiron, co que se perdeu de xustificar bastantes fondos a nivel de toda Galicia.

Un sistema de traspaso de fondos sobrantes entre grupos posibilitaría no seu momento  a certificación dunha maior cantidade de expedientes a nivel de toda Galicia.

Por todo isto convén darlle a importancia que estos fondos se merecen dado que tanto a nivel de investimento como de creación e consolidación de postos de traballo o Programa Leader ten unha repercusión moi relevante nos territorios rurais galegos.