AVISO sobre o obradoiro SIX

Debido ás numerosas inscricións para este obradoiro, e dado que a aula de informática ten unha capacidade máxima de 30 persoas, este trasládase ao salón de actos da Casa de Cultura de Corcubión.

strong>Sentimos as molestiasque este cambio pode causar, pero deste xeito o número de persoas que poden formarse sobre o SIX aumenta notablemente.

O obradoiro comezará as 12:00 o sábado 2 de abril e será impartido por Jose Antonio Aldrey Vázquez, profesor de análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela.