A estratexia europea para o 2020 define como prioridades para acadar o desenvolvemento das sociedades e os territorios: o crecemento intelixente, sostible e integrador.

A etapa de transformación que estamos a vivir, os efectos da crise que está a afectar o progreso económico e social e visiviliza as debilidades estructurais da economía dos territorios e de Europa, esixe de novas estratexias e accións planificadas, innovadoras e coordinadas.

Os profesionais actuais e futuros, os responsables, axentes e persoas implicadas no desenvolvemento local xogan un papel determinante para acadar as prioridades desta  estratexia europea e polo tanto un desenvolvemento intelixente, sostible e integrador.

A asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento Local (AFIPRODEL) e o Grupo de Investigación Persoa- Ambiente da Universidade da Coruña organizan este congreso co obxectivo de ofrecer a este colectivo un marco de encontros, intercambios de ideas, conceptos e perspectivas implicadas no desenvolvemento local.

Este Congreso ten recoñecido 2 créditos pola Universidade da Coruña.

Obxectivos do Congreso

Os eixos temáticos do congreso e os seus obxectivos son:

Eixo 1 : A profesión de axente de desenvolvemento local : as súas ferramentas de traballo e o marco global no que se desenvolven as súas función.

Obxectivos:

  • Ofrecer un marco de encontro, intercambio de ideas, conceptos e perspectivas implicadas no desenvolvemento local.
  • Mellorar os coñecementos e habilidades dos profesionais do desenvolvemento.
  • Divulgar e promocionar a figura dos e das profesionais do desenvolvemento local.
Eixo 2: Experiencias e iniciativas novidosas e exemplares desenvolvidas por axentes e entidades públicos e privados que aproveitan os recursos e oportunidades dun territorio.

Obxectivos:

  • Ser escaparate das iniciativas que incentiven a dinámica de cooperación e innovación entre o sector público e privado cara a un desenvolvemento sostible e harmónico.
  • Promover e achegar a innovación e a transferencia de coñecemento entre os diferentes ámbitos implicados no desenvolvemento
  • Divulgar experiencias e modelos de desenvolvemento nos que se empreguen máis eficazmente os recursos e promovan una economía máis verde e competitiva.

Destinatarios/as

Axentes públicos e privados relacionados co desenvolvemento local e especialmente axentes de emprego e desenvolvemento local.

Público destinatario

  • Profesionais do desenvolvemento local
  • Emprendedores/as
  • Empresariado
  • Estudantes e docentes de ensino superior
  • Concellos e administración publicas
  • Tecido asociativo
  • Axentes de emprego e desenvolvemento local