Na xuntanza realizada entre o director, Angel Sucasa, da UPD Coordina Local e os representantes da asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento local (Afiprodel) o día 30 de novembro en Vimianzo, ambalas dúas entidades acordaron liñas de colaboración e apoio para a organización do Congreso M.O.D.E.L.O que desenvolverase a finais de marzo e primeiros de abril nos concellos de Vimianzo e Corcubión.
A UPD Coordina Local mostrou o seu apoio á rede de axentes de emprego e desenvolvemento asociada na entidade Afiprodel e apoirá a realización do Congreso MODELO participando con relatores en diferentes ponencias e comprometiéndose á difundir e divulgar o evento na rede galega de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia.