Imáxenes da presentación do Congreso MODELO

A presidenta de Afiprodel, Dolores Pena, deu a benvida aos presentes, entre os que se encontraban a maioría dos técnicos de desenvolvemento da Costa da Morte,  e lembrou as orixes e os fins da asociación. Agradeceu a todas as institucións que dun xeito ou de outro colaboran con este congreso: Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña, Igape, BIC Galicia, Universidade de A Coruña, Aptcm, Ugacota e Concellos de Carnota, Corcubión e Vimianzo, entre outras. Finalmente, anunciou que o acto de inauguración do congreso contará coa presenza de Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar.

María Jiménez, secretaria da asociación, presentou o programa do congreso que nos catro días do mesmo, e ao través de ponencias, mesas redondas, obradoiros, comunicacións, paneis, e visitas de estudio na comarca, desenvolve un programa que incide na presentación de iniciativas innovadoras e na reflexión sobre o desenvolvemento local. O programa e as actividades, como o cine forum sobre a Costa da Morte, pódense consultar na web do congreso http://congreso.afiprodel.org. Nesa mesma dirección, o público en xeral e os asistentes poden presentar ás súas suxestións e preguntas ao poñentes ao través do apartado Opina. A respostas a estas aportacións serán colgadas na web.

Ricardo García Mira, profesor da facultade de Psicoloxía da Universidade de Coruña e membro do comité científico do congreso, agradeceu aos organizadores ter contado coa universidade e sinalou que non foi complicado obter a concesión de 2 créditos académicos para un congreso que conta cun excelente programa e coa participación de personalidades relevantes en cada un dos temas que aborda. Manifestou que é moi destacable o grado de unión dos técnicos de desenvolvemento da Costa da Morte. Fixo fincapé que no contido do programa ten unha presenza moi destacable a sustentabilidade e a responsabilidade social, indicou que “é importante impregnar a acción política destes principios” e que “a crese é un factor de oportunidade para reflexión en marcos coma este congreso”. Lembrou que nestes momentos o turismo de masas está en retroceso, mentres que o sustentable crece.

Manuel Insua Insua, tenente de Alcalde de Corcubión, felicitou a Afiprodel pola iniciativa e agradeceu a preocupación polo desenvolvemento da zona, preocupación compartida polos políticos.

O alcalde de Carnota, José Oreiro, mostrou a súa satisfacción pola iniciativa de celebrar este encontro e porque se presentara no seu concello. Asemade, ten a esperanza de que este sexa un éxito. Sinalou que o labor dos técnicos de desenvolvemento nos concellos é moi importante, ademais de necesaria para ós políticos, que moitas veces traballan tan só na perspectiva de 4 anos.

Maite Cancelo Márquez, Directora Xeral de BIC Galicia, destacou que os temas do congreso son os eixes de actuación de BIC Galicia: a innovación, as novas tecnoloxía, o turismo, a valoración do patrimonio, e se felicitou de que a iniciativa teña saído dos propios axentes de desenvolvemento, que son “o noso nexo có territorio”.

Pechou o acto Andrés Hermida Tratoy, Director Xeral de Promoción do Emprego, que manifestou que o primeiro acerto deste congreso e que “naceu de abaixo arriba”, da iniciativa dos técnicos de desenvolvemento dos concellos, e que a “administración local ten moito que dicir na creación de emprego”. O congreso servirá, na súa opinión, para escoitar e intercambiar experiencias, permitindo aprender e non cometer os erros doutros, se non repetir os seus acertos. Lembrou que a Consellería de Traballo e Benestar conta cunha rede de técnicos de emprego e desenvolvemento con presenza en 284 concellos e en 150 entidades.  Dirixíndose aos técnicos presentes, manifestou que “Galicia ten moitas esperanzas depositadas en vós”.