Xornadas sobre Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Local

2018 é o Ano do Patrimonio Cultural Europeo

Desde Afiprodel queremos centrarnos na potencialidade da posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial e a súa relación co desenvolvemento local, tendo en conta que é unha vía para o seu coñecemento e conservación.

O obxectivo destas xornadas e facer visibles iniciativas e boas prácticas de posta en valor do patrimonio cultural para o desenvolvemento local como vía para fomentar a súa conservación, coñecemento e uso sostible, tendo como marco o Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Esperámosvos en Vimianzo.

Escola de Señoráns, Vimianzo (A Coruña)

30 de novembro e 1 de decembro de 2018

Xornadas de Patrimonio Cultural en 2018