Patrimonio Cultural
e Desenvolvemento Local

html templates

2018
Ano do Patrimonio Cultural Europeo

Desde Afiprodel queremos centrarnos na potencialidade da posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial e a súa relación co desenvolvemento local, tendo en conta que é unha vía para o seu coñecemento e conservación.

O obxectivo destas xornadas e facer visibles iniciativas e boas prácticas de posta en valor do patrimonio cultural para o desenvolvemento local como vía para fomentar a súa conservación, coñecemento e uso sostible, tendo como marco o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

Programa

VENRES 30 DE NOVEMBRO

16:45 Recepción de asistentes
17:00 Inauguración
Dolores Pena Pena. Presidenta de Afiprodel
Representante da Deputación Provincial
17:10 Posta en valor do patrimonio cultural desde a acción municipal. O caso de Vimianzo
Manuel Antelo Pazos. Alcalde de Vimianzo
17:45 O patrimonio cultural nas estratexias de turismo. O Plan de acción da Costa da Morte
Juan José Blanco Riveiro. Presidente de Costa da Morte Asociación de Turismo e alcalde de Mazaricos
18:30 Vivir do patrimonio cultural. Empresa e proxectos.
César Abella Vázquez. Director de Trivium
19:15 Networking e ágape

SÁBADO 1 DE DECEMBRO


10:00 Recepción de asistentes. Networking e café de benvida.
10:30 Panel expositivo: Iniciativas privadas e públicas relacionadas co patrimonio cultural material e inmaterial no ámbito local
- O patrimonio cultural do mar. Guillermo González Díez. Xerente do GALP Costa da Morte
- O imaxinario de Muxía como inspiración. Viki Rivadulla. Artesá e artista.
- O pequeno é grande. Marcos Vázquez Marey. ADL de Láncara. Enxeñeiro técnico agrícola. Doutorando do programa de xestión sustentable da terra e do territorio.
- Investigación e divulgación. Carlos Regueira. Autor de Atlas de Hórreos de Galicia.
- O papel das asociacións na defensa do patrimonio: Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte. Xan Fernández Carrera, mestre, investigador e escritor.
- Axudas a proxectos de posta en valor do patrimonio cultural a través do Leader. José Antonio Vila García, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte.

12:00 Debate. Networking e ágape.
13:00 Clausura
Actividade complementaria: VISITA GUIADA ÁS TORRES DO ALLO

Escola de Señoráns
Vimianzo (A Coruña)

30 de novembro
1 de decembro de 2018

AFIPRODEL GALICIA

Asociación de Profesionais de Desenvolvemento
Local de Galicia

Escola de Señoráns, Vimianzo
(A Coruña)
afiprodel.org@gmail.com
www.afiprodel.org

COLABORAN