A Asociación

A asociación ten dous obxectivos principais para os que poderá desenvolver calquera tipo de actividade que se considere necesaria.

  • Defender e xestionar de xeito óptimo os intereses dos seus asociados e asociadas, así como promover o recoñecemento social da figura do e da profesional de desenvolvemento local e a súa consolidación como posto de traballo nas administracións públicas, especialmente nas locais.
  • Potenciar os recursos de Galicia para acadar un desenvolvemento económico- social global, ambiental, harmónico e sustentable

BREVE ACHEGAMENTO A HISTORIA DA PROFESIÓN EN GALICIA

No ano 1989 aparecen nos concellos de Galicia as primeiras Axencias de Desenvolvemento Local (ADL) dentro dunha convocatoria de subvención do goberno tripartito da Xunta de Galicia, regulada na orde de 14 de febreiro do mesmo ano, pola que se subvencionaba a creación de axencias municipais en materia de emprego destinada a financia-los custes de contratación , locais e equipamentos destes servizos municipais. Esta primeira rede denominada de Axencias Municipais de Desenvolvemento (AMD) pertencía a rede europea de intercambios de información e experiencias (ERISE).

A practica totalidade dos primeiros técnicos e técnicas locais formáronse en cursos teórico-prácticos de Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) promovidos polo INEM ou a Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

No ano 1991, co cambio de goberno na Xunta de Galicia, a liña de subvención que financiaba estas Axencias de Desenvolvemento desapareceu e aínda que a Deputación da Coruña e o INEM cofinanciaron algúns anos a continuidade destes servizos, a maioría deles desapareceron. Só tiveron continuidade aqueles nos que os concellos asumiron os custes cos seus propios orzamentos. A rede de axencias de desenvolvemento local de Galicia quedou reducida drasticamente.

No ano 1998 aparece a Rede de Técnicos/as Locais de Emprego (TLE) subvencionada pola Xunta de Galicia. Rede composta polas figuras de:

  • Técnicos/as locais de emprego : Actúan nos concellos, mancomunidades e organismos provinciais.
  • Axentes de emprego: Adscritos a Institucións universidades, servizos integrados para a xuventude (OSIX) ou as entidades sen ánimo de lucro (Asociacións empresariais, cámaras de comercio, Fundacións etc …)
  • Técnicos/as de emprego especializados/as en Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica. Asesoran e acompañan as iniciativas empresariais consideradas Iebts.
  • Técnicos/as das Unidades de Promoción e Desenvolvemento (UPD). Na actualidade estas unidades supramunicipais que teñen como finalidade actuar sobre as potencialidades de desenvolvemento do territorio, fomentando a creación de emprego de acordo coa directrices e prioridades fixadas pola Consellería so existen en Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo, Deputación de Ourense, Deputación de Lugo e Mancomunidade Ulla-Umia.

A rede de Técnicos/as locais de emprego (TLE) esta subvencionada pola Xunta de Galicia dende o ano 1998 con convocatorias anuais que financian parte dos custes salariais.

No 2008 a figura quedou novamente definida coma Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) e determinou na maioría dos casos un cambio contractual dos e das profesionais que estaban a desenvolver estes pastas nos concellos galegos. Retornouse a un financiamento do 80% e unha duración máxima de catro anos. Estas condicións parecen que volveren a transformarse na nova convocatoria de 2008 a dicir pola modificación realizada neste ano polo Ministerio de Traballo na súa lexislación, destacándose a desaparición do limite de 4 anos. Entre todos estes avatares segue sen contemplarse o financiamento dos servizos consolidados con persoal laboral fixo ou funcionariado nin tampouco as actividades nin materiais ou equipamento destes servizos.


AFIPRODEL: ASOCIACIÓN INDEPENDENTE E PARTICIPATIVA. A ORIXE DA INICIATIVA E A FILOSOFÍA DE TRABALLO

Xa dende 1989 o colectivo de profesionais tentou formar unha entidade de apoio e defensa dos e das profesionais do desenvolvemento local de Galicia. Parte dos membros fundadores de Afiprodel lembran estas primeira iniciativas que como tantas outras ao longo dos anos frustaronse.

Neste camiño de intentos fallidos foi consolidándose a necesidade de traballar en grupo e de formar unha rede de apoio e intercambio. Estas iniciativas de xuntanza e apoio foron xurdindo de forma espontánea polo territorio galego e na maioría dos casos atenden as necesidades do colectivo dunha circunscrición comarcal ou supracomarcal.

A Costa da Morte foi unha destas zonas onde, dende case o inicio dos servizos municipais de desenvolvemento local, estes profesionais organizaron xuntanzas para intercambio e apoio entreoes. Ano tras ano consolidouse esta rede informal e ampliouse os obxectivos das xuntanzas que se converteron en xornadas de traballo nas que se invitaban incluso a expertos do territorio e as administracións.

A situación de inestabilidade e cambios continuos nas linos de financiamento destes servizos fixo que o grupo de profesionais da Costa da Morte decidise facer de xeito conxunto unha proposta é Consellería de Traballo do novo goberno galego. Esta proposta remitiuse é Consellería e é Delegación Provincial e realizouse unha xuntanza co subdirector de promoción e emprego aínda que non chegouse a presentar persoalmente ao Conselleiro a pesares das diferentes solicitudes realizadas polo grupo.

Esta situación desencadeou no grupo o desexo de formalizar a rede de intercambio e constituír unha asociación que defenderá os nosos intereses, visualizara e promovera a figura profesional de axente de emprego e desenvolvemento local e ademais proporcionase ao colectivo apoio, asesoramento e unha plataforma de intercambio dinámica e útil.

A aparición dunha Asociación Galega de Axente de desenvolvemento local, coa que o grupo da Costa da Morte contactou, demorou a decisión de promover unha entidade asociativa provincial. Nembargantes esta entidade non tivo ata o de agora a presenza necesaria e finalmente o grupo da Costa da Morte legalizou os estatutos de Afiprodel, asociación independente e participativa de ámbito provincial que nace con moitas ganas e desexa non formar parte da longa listaxe de fracasos asociativos do noso colectivo e aglutinar o maior número de profesionais deste sector da provincia da Coruña.

Os membros asociados ata o de agora ten formacións universitarias moi heteroxéneas, a súas experiencias profesionais no ámbito do desenvolvemento son tamén moi diferentes, dende membros que se iniciaron nesta profesión dende o ano 1989 ata profesionais que desenvolven por primeira vez o posto. Profesionais con relacións laborais temporais coa administración local ou persoal fixo ou funcionario. Cremos que esta diversidade enriquece 6 asociación e sirve de motor para desenvolver os obxectivos fixados nos estatutos de Afiprodel e son unha garante da independencia e riqueza nos intercambios e proxectos que dende esta entidade pódese ofrecer a todo o colectivo de profesionais do desenvolvemento local de Galicia.

A filosofía deste entidade basease no apoio e traballo conxunto procurando un ambiente cordial e desenvolvendo encontros e actuacións que sexan gratas e divertidas. Non se esquece a presión e o estres que o desenvolvemento do posto produce nas persoas e a necesidade de expresión persoal, divertimento e aprendizaxe dos outros e outras compañeiras de profesión. As reunións de traballo son rotativas nos diferentes territorios do colectivo asociado e se acompañaría de actividades lúdicas e gastronómicas para coñecer as experiencias e territorios onde se desenvolven estas xuntanzas.

Para máis información visite a sección de prensa e medios.

Actividades e proxectos

Actividades, eventos, proxectos nos que Afiprodel organiza ou ten presenza.