Resumo Día do Emprendedor – Santiago

O martes 25 de decembro tivo lugar en Santiago de Compostela o Día do Emprendedor. Para información dos e das socias que non puideron acudir, resumimos brevemente as principales novidades.

FERRAMENTA XATEMPREGO.

Para o mes de novembro parece teremos a nova aplicación de Xatemprego lista. As novidades da nova ferramenta é que parece más rápida, fácil e que incorpora algunhas prestacións que parecen de utilidade . Os ponentes comentaron a súa intención de realizar unhas xornadas de formación para facilitar o seu manexo. Os datos que temos metido na actual aplicación migraran á nova. Haberá un período sen posibilidade de acceso á actual ferramenta mentres realizan a migración dos datos.

Para acceder a esta ferramenta é obrigatorio que o Concello rexistre o ficheiro en Axencia de Proteccion de Datos. OLLO! Ten que cubrir todas a finalidades e datos. Polo que algúns Concello que teña rexistros xa feitos deberá modificalos na Axencia de Proteccion de Datos. BIC e UPD porán á nosa disposicion nestas semanas os modelos e documentos necesarios para rexistralos.

Claves de acceso: Non estarán dispoñibles ata que enviemos a BIC o documento de que temos o ficheiro rexistrado. Lembraron que é obrigatorio para os técnicos subvencionados que se use a ferramenta Xatemprego.

O Concello terá que nomear un RESPONSABLE que xa aparece na solicitude de subvencion e será oINTERLOCUTOR/A coa Consellería.  Unha vez enviado a Bic o interlocutor e rexistro de ficheiro, eles enviarán as claves e xa poderemos introduci-los datos.

CERTIFICADO EUROPEO DE ASESOR/A

BIC pon en funcionamento un Curso de 8 módulos formativos e 1 módulo de prácticas co que se acadará unha certificación europea de calidade como asesores (certificación compartida con outros paises de Europa e que xurde ao abeiro dun programa europeo no que estan a participar Galicia).  A idea é que se poida convalidar algún módulo formativo que se realizara con anterioridade. O BIC e UPD Coordina Local darán máis información nas vindeiras semanas.

Finalmente, parece probable que se reduzan algunhas  liñas de áxudas (como por exemplo liñas de formación, apoio técnico ou finaciamento de interese de crédito nas axudas de autónomos) pero non hai nada confirmado ata o momento.

Deja un comentario