Constituese en Afiprodel a Comisión de diagnose e actuación en prol da promocion profesional dos e das axentes de emprego e desenvolvemento. Esta comisión presidida por Ignacion Fernández López e composta por seis socios/as da entidade terá como obxectivo promover as potencialidades, e mesmo os dereitos dos profesionais do desenvolvemento llocal, para mellorar as súas condicións de traballo, quer dende o punto de vista dos recursos, quer dende a estabilidade laboral. Esta comisión encargarase de facer un diagnóstico da situación laboral dos e das profesionais do desenvolvemento local para logo elaborar unha serie de propostas de actuacións concretas que sirvan para que se visualicen as demandas do noso colectivo.

AFIPRODEL
ASOCIACION DE PROFESIONAIS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE GALICIA