NOTA ACLARATORIA DA ASOCIACION FINISTERRAE DE PROFESIONAIS DO DESENVOLVEMENTO LOCAL DE GALICIA (AFIPRODEL-Galicia)

Debido a que recentemente mixturaronse  na prensa a campaña de petición de apoio iniciada por Afiprodel en defensa dos servizos de desenvolvemento local de Galicia coa situación que están a sofrir outro colectivo de profesionais contratados nas oficinas de emprego de Galicia para reforzar os servizos de orientación e intermediación laboral, Afiprodel quer aclarar:

–          Que os profesionais que desenvolven a súa actividade nas oficinas de emprego e  que nestes días ven recortado os seus programas dirixidos á promoción do emprego e á mellora da empregabilidade do colectivo de desempregado de Galicia non son axentes de emprego e desenvolvemento local obxectivo da campaña de apoio promovida por Afiprodel.

–          Que a nosa asociación solidarizase con este colectivo e lamenta esta situación xerada polos recortes que estamos a sofrir os servizos públicos e que está a afectar servizos tan necesarios no territorio.

–          Que a Asociación Afiprodel- Galicia agrupa aos profesionais do desenvolvemento local da Comunidade Galega e ten entre as súas finalidades promover o desenvolvemento local e  potenciar os recursos do territorio galego para acadar un desenvolvemetno económico- social global, ambiental, harmónico e sustentable, así como promover o recoñecemento social da figura do e da profesional de desenvolvemento local

–          Que xunto con outras asociacións profesionais do territorio nacional e a Federación Española de Profesionales del Desarrollo Local (FEPRODEL) Afiprodel está a desenvolver actuacións de apoio e defensa dos servizos de emprego e desenvolvemento local de Galicia e especialmente dos servizos pertecentes á rede da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, ata o de agora cofinanciado con Fondos Europeos, con orzamentos dos programas das Políticas Activas de Emprego e coa participación de administracións locais e entidades sen finalidade de lucro.

Afiprodel representa ao colectivo de axentes de emprego e desenvolvemento local, moitos deles situados no medio rural e que realizan entre as súas funcións tarefas de axuda na mellora da empregabilidade das persoas desempregadas aínda que a maior parte das súas funcións relaciónanse coa promoción do autoemprego, mellora da competitividade das empresas, programas de dinamización e desenvolvemento local e  promoción económica dos territorios.

Os servizos de desenvolvemento local están na súa maioría cofinanciados pola Consellería de Traballo e Benestar ata finais de 2012, as contratacións destes profesionais estan realizada por concellos e entidades sen finalidade de lucro e na actualidade estase a definir os orzamentos que afectaran a esta rede de servizos.

Deja un comentario