Cea homenaxe a Manuel Lantes

O pasado 8 de outubro xuntamonos en Sada un bo número de AEDL e de técnicos de concellos que dunha maneira ou doutra ó longo destes anos tivemos relación con Manuel Lantes, agora xa ex-funcionario. Durante moitos anos Lantes estivo traballando nas oficinas da Conselleria de Traballo e Benestar en Coruña e foi sempre unha persoa que defendeu ó noso colectivo e a labor que desempeña. De feito foi moderador  na Mesa «A rede de axentes de emprego e  desenvolvemento local de Galicia. Incidencia e repercusión no territorio» dentro do Congreso MODELO , Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local.

Manuel Lantes púxose en contacto con nós para agradecernos a todos as mostras de cariño que recibiu e nos pediu que fixesemos chegar a súa gratitude a todas e todos.

Deja un comentario