PLAN SMART TURISMO DE GALICIA.

O ano pasado a Xunta, a través da Amtega e de Turismo de Galicia, puxo en marcha o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC. No 2015 entrará en funcionamento un dos elementos chave deste plan: a plataforma tecnolóxica única a disposición de todos os axentes turísticos de Galicia.

A plataforma permitirá optimizar os procesos de xestión, de información e de inspección.Ofrecerá dúas funcionalidades: o rexistro único de todos os recursos turísticos e un sistema de soporte integral á inspección turísitca. Incluirá a xestión do ciclo completo da inspección, dende a súa planificación, asistencia durante proceso, e tramitación das infraccións e sancións.