Informes de conxuntura do Foro Economico de Galicia

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento en materia económica dende as empresas e universidades galegas á sociedade e aos espazos de decisión pública. Os informes que publica este organismo aportan información básica e estratéxica da situación actual da economía de Galicia.

Enlace ao último informe presentado Conxuntura III/2016.

Ao mesmo tempo o Foro elabora documentos que contribúen a coñecer mellor os retos, desafíos, oportunidades e ameazas sobre a estrutura produtiva galega, as súas empresas e o seu sector público. Os últimos documentos presentados son:

Documento 18: Propostas para potenciar a economía rural galega
Documento 17: A I+D+i empresarial en Galicia, dez mensaxes e unha proposta

Sitio web do Foro Económico de Galicia