AFIPRODEL organiza una xuntanza técnica dedicada á ferramenta Xatemprego, aberta a tódolos axentes de emprego e desenvolvemento local que desexen acudir.
A ferramenta Xatemprego foi elaborada pola UPD Coordina Local para a confección da Memoria Anual da Rede de AEDL da Consellería de Traballo e Benestar que servirá de avaliación e seguimento do traballo e actuacións desenvoltas polos AEDL subvencionados pola Xunta de Galicia. Ante as dúbidas que estanse a atopar no emprego e inclusión de datos parece idóneo que os propios técnicos e técnicas teñan unha directrices acordadas polos mesmos para facilitar o seu correcto emprego
A xuntanza terá lugar no Telecentro do Concello de Vimianzo, o martes 9 de marzo ás 12:00
Para máis información pode contactar no teléfonos 981 716001 e 677407311 coa AEDL Rosa Sanchez vogal da Xunta Directiva da asociación AFIPRODEL ou na web www.afiprodel.org
Os obxectivos da reunión son:
- Acordar directrices comúns sobre a inclusión de datos en cada un dos seus apartados para que se reflicten as actividades e traballo desenvoltos por estes profesionais.
- Propostas de autorizacións e procedementos a empregar para a protección de datos das persoas usuarias dos servizos de desenvolvemento local.
- Elaborar un listaxe de problemas e suxestións cara a mellorar as utilidades desta ferramenta que AFIPRODEL entregará á Consellería de Traballo e Benestar.
A asociación Finisterrae de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL) é unha entidade formada por máis de vinte axentes de emprego e desenvolvemento local da provincia da Coruña e ten entre os seus obxectivos defender e xestionar os intereses deste colectivo así como promover o recoñecemento social desta figura profesional.