WORLD CAFÉ AEDL GALICIA

A Consellería de Economía, Emprego e Industria invitou aos profesionais da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia a trasladarlle as propostas sobre os temas que interesan á rede. Afiprodel, asociación galega de profesionais de desenvolvemento local, organiza esta xuntanza world café para recoller as propostas de tódolos aedls de Galicia que desexen participar nesta actividade.

¿Qué tería que ser a rede de aedls? ¿Cómo debería ser a subvención que cofinancias a rede? ¿Cómo sería unha coordinación axeitada coa Consellería?

Estes e outros temas trataranse nesta xuntanza aberta organizada por Afiprodel empregando a técnica de world café. As conclusións e propostas serán trasladadas á Consellería coa demanda de crear en abril a COMISION MIXTA entre aedls e Consellería para acordar as melloras propostas.

A túa opinion é necesaria, as túas propostas imprescindibles para o futuro da profesión e da rede. ¡Participa!

E para quen quera asistir haberá unha comida de confraternización  ao remate da xuntanza e pola tarde visitaremos unha boa práctica en desenvolvemento local no Concello de Padrón.


  • Data: venres 12 de marzo
  • Hora de inicio: 11:00h
  • Lugar: Sala Aula CEMIT de Padrón, Rúa Mollet del Valles, 15900 Padrón, A Coruña . Mapa
  • PRAZAS LIMITADAS (aberto a tódolos aedls de Galicia)
  • Prazo de inscrición: ata o 10 de marzo de 2016
  • Duración: 2,40 horas

Ao finalizar faremos unha ruta por Padrón de aproximadamente 40minutos. Faremos o camiño que recorre as actividades das mulleres pimenteiras, visitando un invernadoiro, as pesqueiras de lamprea, natureza e patrimonio.


 

file

Máis información no 676 615 774