Feira de desenvolvemento local ‘A FORZA DO LOCAL’

Afiprodel organiza a Feira de desenvolvemento local A forza do local.

Ames 27 e 28 de novembro 2015

Este é o lema da primeira Feria de Desenvolvemento Local organizada pola Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolmento Local de Galicia (Afiprodel), cofinanciada pola Deputación da Coruña e coa que colabora o Concello de Ames. En Bertamiráns, no Pazo da Peregrina, terá lugar este evento os días 27 e 28 de novembro de 2015.

“O espazo local é o que está máis preparado para enfrontar os desafíos que lle impón a globalización, porque están en maior contacto coa cidadanía” Borja & Castells

Esta cita inspira esta Feira que ten como finalidade amosar as boas prácticas e as experiencias dos promotores dos diferentes concellos e territorios galegos no desenvolvemento humano, intelixente, sostible, e harmónico. Nestas boas prácticas visibilizase tamén o traballo dos profesionais de desenvolvemento local aos que representa Afiprodel.

A feira contará con variadas actividades dirixidas tanto a profesionais ou persoas e entidades vinculadas ao desenvolvemento local como á cidadanía que pode visitar gratuitamente a feira disfrutando do mercado, exhibicións, obradoiros e outras actividades dirixidas a nenos/as e público en xeral.

  • O día 27 e 28 de novembro desenvolveranse unhas xornadas técnicas gratuítas ás que poden asistir, previa inscrición, tódolos profesionais e persoas interesadas no desenvolvemento local.
  • O sábado 28 de novembro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) desenvolverase a feira cunha exposición de proxectos e actuacións realizadas por emprendedores, empresas, entidades e concellos de Galicia que son mostras destas boas prácticas realizadas nos nosos territorios e que poñen en valor os nosos recursos. Nas carpas do exterior do Paza haberá unha feira cos productos e servizos do noso territorio. A forza dos esforzos e boas prácticas que apostan polo local e polo “Bo vivir”, baseado nunha visión ética dunha vida digna, sempre vinculada ao contexto e con valores de respecto pola vida, o acervo cultural e identitario das persoas e territorios e o respecto pola vida e o medio natural e patrimonial.

Dende as 10 de mañá ata as 8 da tarde esta feira estará aberta e ofrecendo actividades para que a cidadanía que desexe achegarse poida participar nas actividades e contacto coas persoas protagonista do que se move no local

‘A forza do local’, as inscricións, programa e actividades pódense atopar na web da feira http://afiprodel.org/feira/