Congreso de Desenvolvemento, Turismo e Cultura na Costa da Morte

Afiprodel solicita á Deputación da Coruña cofinanciamento para realizar un Congreso de Desenvolvemento, Turismo e Cultura na Costa da Morte. Este Congreso pretende ser un espazo de intercambio de ideas, conceptos e perspectivas sobre os ámbitos temáticos nos que se centra, ademais de ser escaparate das iniciativas que se realizan na Costa da Morte e en outros territorios que motiven e incentiven unha dinámica de cooperación e innovación entre o sector público e privado cara a un desenvolvemento sostible e hármonico. Na proposta deste Congreso contase coa colaboración para o desenvolvemento de actividades complementarias das entidades asociativas do territorio. En datas próximas a presidenta de Afiprodel solicitará entrevista con representantes da Deputación da Coruña para presentarlles a proposta deste Congreso e solicitalles a súa colaboración.

Deja un comentario