A asociación ADTERRA estivo coordiando nos últimos meses o desenvolvemento do Proxecto RECIAL, financiado polo IGAPE. A iniciativa pretende que as empresas do sector turístico creen redes de colaboración cos sectores productivos do seu contorno. Forman parte do proxecto empresas de hospedaxe e restauración, turismo activo, productores agrarios, empresas de transformación cárnica, confraría de pescadores e tendas. As colaboracións materialízanse de múltiples formas. Unha delas é a web www.finisterraesupremum.com.
O día 01/04/2009, na Cárcere Vella de Corcubión, ás 5:30 da tarde, terá lugar o acto de divulgación deste proxecto.