
CONCELLO: PORTO DO SON (A CORUÑA)
O PROXECTO: Trátase de demostrar que se poden manexar os porcos cun reflexo condicionado, de maneira que campen todo o dia a comer polo monte e volten a tardiña a un recinto onde pasan a noite, simplemente condicionados por unha sinal acústica. Para elo, pasan 15 días encerrados nese pequeno recinto comendo sempre logo de unha sinal acústica. Pasados eses días ábreselle a porta tódolos días para que aproveiten toda a comida que hai no monte, e a tardiña recóllense porque saben que despois da chamada cae o cereal. Cando están comendo, cérrase a porta automaticamente e xa quedan ata o día seguinte. Tanto a porta como o sistema de alimentación ou a sirena aliméntanse coa enerxía fotovoltaica dunhas placas solares.