O desenvolvemento humano local se caracteriza por ter na mirapor ter na mira dos seus obxectivos as necesidades e valores do ser humano. O desenvolvemento económico local forma parte deste enfoque aínda que non é unha finalidade senón un medio e ferramenta para acadar o obxectivo de mellora da calidade de vida humana, a sostibilidade das sociedades e os seus contornos e a énfase no respecto e posta en valor dos recursos propios ou endóxenos de cada territorio.
Os premios Afiprodel buscan dar visibilidade, recoñecemento e notoriedade a proxectos e actuacións de desenvolvemento humano local realizados nos territorios de municipios galegos de menos de 20.000 habitantes que poidan servir de exemplo a outras localidades de Galicia e que contaron coa participación ou colaboración dun axente de emprego e desenvolvemento local.
Estas boas prácticas poden ser realizadas e promovidas tanto por entidades públicas como privadas ou mixtas e mesmo ser proxectos de emprendedores/as ou empresas xa constituídas.
PARTICIPANTES
Segundo o tipo de promotor dos proxectos e actuacións pódese participar nas seguintes modalidades:
TEMATICAS
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Valorarase a singularidade, a innovación, o esforzo, os obxectivos do proxecto, a metodoloxía, o seu carácter exemplarizante e transferible, a concienciación e sensibilización ambiental, os sectores poboacionais implicados e os resultados obtidos.
O xurado poderá declarar deserto total ou parcialmente calquera dos premios e non poderá recaer máis dun galardón en ningún dos traballos presentados, nin no mesmo promotor ou co mesmo axente de desenvolvemento local colaborador. O fallo do xurado é inapelable..
O XURADO
O xurado estará formado por cinco membros:
- Catro expertos/as relacionados co desenvolvemento local
- O quinto membro será as votacións públicas a través da web.
A composición do xurado farase pública na web de Afiprodel e nos medios que esta entidade estime oportuno
CANDIDATURAS E PROCESO DE SELECCIÓN
A presentación de candidaturas poderá realizarse no modelo de solicitude e exposición de proxecto que se facilita na web premios.afiprodel.org. O xurado poderá solicitar ós participantes a información que estime necesaria para realizar a súa valoración e determinará que candidaturas cumpren con estas bases.
As candidaturas que cumpran os requisitos de acceso, serán publicadas no sitio web premios.afiprodel.org e dende ese momento poden ser votadas polo público no sistema de votacións que se estableza .
Pechado o prazo de votación pública procederase á valoración e ditame do xurado. O sistema de puntuación será un por cada componente do xurado e xurado voto público emitido.
La publicación do resultado realizarase na web de Afiprodel e comunicarase aos premiados así como a data e lugar de entrega de premios
PRAZOS
O prazo para presentación de candidaturas será dende o 1 de setembro de 2013 ata o 31 de xaneiro de 2014.
O prazo de votacións públicas na internet será dende o 1 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2014.
GALARDÓNS E ENTREGA DE PREMIOS
Os galardóns teñen como finalidade visibilizar as boas prácticas de desenvolvemento local en Galicia e consistirán na entrega dun diploma e galardón conmemorativo nun acto público e rolda de prensa.
Outorgaranse 3 galardóns, un por cada modalidade, tres accésits e un premio especial para o proxecto máis valorado polo público na internet. O xurado poderá declarar deserto os premios e/ou galardóns que estime convinte.
Os proxectos premiados e concursantes estarán dispoñibles nun documento web e divulgarase en medios de comunicación, redes sociais e exposicións que realice Afiprodel sobre desenvolvemento local. Tamén poderán formar parte dunha publicación de boas prácticas en desenvolvemento local que publique Afiprodel.
Editarase un catalogo de premiados e boas practicas cos galardoados.
MÁIS INFORMACION E ACLARACIONS:
Asociación Afiprodel Galicia. CONCURSO 2013
www.afiprodel.org
afiprodel.org@gmail.com
Tfn.: Maria Jimenez 981737004
Os datos dos participantes só serán empregados para as xestións necesarias para o bo desenvolvemento do concurso e serán publicados só os datos de identificación do proxecto que se establece na ficha de participación. Os gañadores consenten automaticamente ao aceptar o premio, a utilización por parte de Afiprodel da súa imaxe e nome completo para calquera tipo de publicidade e promoción, publicación ou calquera outro medio da natureza que fora, con fins informativos e promocionais sempre relacionados con este concurso e con Afiprodel. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación no concurso supón a aceptación destas bases e do fallo do xurado, renunciando a calquera tipo de reclamación, así como o compromiso de que os datos facilitados polos concursantes para participar neste concurso son certos e exactos.
Estas bases serán publicadas na web de Afiprodel e difundidas nos medios que se estimen oportunos