Os dias 7 e 8 de febreiro terá lugar no concello de Xove unhas xornadas destinadas a aprender de experiencias de desenvolvemento local que están a ter lugar nesta zona. Contamos coa organización e apoio da nosa compañeira Rosa, técnica de desenvolvemento local desta entidade.
Programa de actividades
Venres 7 de febreiro pola tarde/noite:
- Recepción e explicación do proxecto empresarial LUGAR DAS MARÍAS + VACALOURA E XURELA
- Merenda ou cea de picoteo (incluídas 3 bebidas: 25 €)
- Recital aberto e voluntario. Cada asistente recita ou le unha poesía ou un anaco dun relato escrito en galego que teña por tema algo relacionado con Xove: Marica Campo, Xoan Guerreiro, Oliver Escobar, …
- Aloxamento:
- 89 €/noite cuarto uso dobre
- 84 €/noite cuarto uso individual
Sábado 8 de febreiro
- 08:30 – No LUGAR DAS MARÍAS, almorzo que inclúe: café, cacao, infusión+Zume natural de laranxa+ Froita fresca+iogur con marmelada+torradas de pan de Xove variadas+biscoito caseiro (10€/persoa)
- 09:30 – Recepción no Concello de Xove polo Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa
- 09:45 – Actuación da Escola Municipal de Música
- 10:30 – Parque Empresarial. Visita Obrador Conservas Currimar
- 12:00 – Morás: Paseo con audioguía ficcionada.
- 14:30 – Morás: comida no Restaurante A Ponza. Menú do día: 15 €
- 17:00 a 19:00 – Visita A REPULIDA: explicación deste proxecto emprendedor e dos proxectos: GLARUAL ECOSHOP + A LEBRE DE ABRIL


