O vindeiro 23 de setembro ás 17:00 horas terá lugar, no Centro Social de Dumbría, o segundo dos encontros deseñados dentro do proxecto DUMU. “ A riqueza no Camiño” é unha iniciativa liderada polo Centro de Formación Agraria de Fonteboa (Coristanco) no que colabora tamén a Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia. Este acto, inicialmente previsto para o mes de marzo, quedou aprazado debido á crise sanitaria.
O proxecto DUMU centrase no tramo Dumbría-Muxia do Camiño de Santiago, vinculando o patrimonio inmaterial con actividades empresariais que favorezan o desenvolvemento socio-económico das áreas rurais. Unha das propostas incluidas no proxecto é a detección de actividades/proxectos innovadores desenvolvidas en calquera territorio que podan ser modelos con alta replicabilidade no ámbito de actuación do proxecto e favorezan o desenvolvemento socio-económico de áreas rurais.
Dentro do proxecto tamén se ofrece a posibilidade dun asesoramento online a través de titorizacións personalizadas levadas a cabo por socios de Afiprodel con experiencia en acompañamento de proxectos empresariais. Pódese acceder ao formulario no seguinte ENLACE .

O contido do programa de actividades é o seguinte:
17.00 : Presentación
17.15: «Ioga no rural. Buscando experiencias»
Jorge Casado Pérez Profesor de Ioga
17.45: Experiencias sobre a produción agroalimentaria e a comercialización de proximidade no norte de Galicia
Marcos Besada Álvarez, Enxeñeiro Técnico Agrícola, en representación do Espazo Agroecolóxico A Estruga, Experiencias no ámbito da comercialización de produtos agroalimentarios.
Ignacio Fernández López, Técnico de desenvolvemento local de San Sadurniño, Experiencias do Concello no apoio á produción primaria e do proxecto do Centro de desenvolvemento rural situado en Moeche
18:15: «O vello e o novo: o patrimonio cultural dixitalizado»
Balbina Gándara, Directora Comercial e Consultora Negocio documental de Unayta
18:45: Pausa
19:00 : «Proxectos Europeos que potencian o Camiño de Santiago» Proxecto ClickOnT. Erasmus + Intercambio de Boas Prácticas.
19:30: «Presentación do estudo de oportunidades empresariais».
Rosa Sánchez (Secretaria de Afiprodel e ADL do Concello de Vimianzo)
#OTeuXacobeo
#Xacobeo2021