IV Foro Activistas do Rural

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acollerá o vindeiro 1 de outubro de 2026 a cuarta edición do Foro Activistas do Rural, un evento organizado por Grupo Lence que reunirá a representantes institucionais, líderes sectoriais e expertos para debater sobre o presente e o futuro dos territorios rurais.

Eixe central: O liderado feminino Esta edición presentará as conclusións do II Observatorio Activistas do Rural, centrado no papel da muller no sector primario. Este informe dará paso á mesa de debate «Elas sostienen o rural: liderado feminino no campo», na que participarán Eva D. Castro Outeiriño, presidenta de ONU Mujeres España; Anjhara Gómez Rodríguez, presidenta de Mulleres Líderes de Galicia; e Carmen Lence, presidenta de Grupo Lence.

Debate político e participación xuvenil O programa inclúe a mesa «O rural na axenda política», un espazo de diálogo onde representantes do PPdeG, PSdeG e BNG abordarán os retos territoriais e o papel das administracións públicas. Así mesmo, alumnos das Escolas Familiares Agrarias de Galicia (EFA) expoñerán a súa visión sobre a substitución xeracional e a educación como motor de oportunidades.

A xornada contará tamén coa intervención institucional de Elena Candia, alcaldesa de Lugo, e concluirá ás 16:15 horas cunha actuación musical a cargo do compositor lucense Abraham Cupeiro.

As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa reserva de forma gratuíta a través do formulario de inscrición dispoñible nas canles oficiais da organización.