O xoves 17 de Marzo terá lugar un encontro para Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, coa idea de dar a coñecer o espazo de coworking do Concello de Vedra Centro de Emprendemento «A Estación»
O evento será no Centro de Emprendemento «A estación» e servirá para crear un espazo de debate sobre as necesidades dos AEDL e analizar as posibilidades que, desde este laboratorio de ideas, se pode ofrecer dun xeito gratuíto non só a emprendedores de Vedra se non tamén doutros territorios.
O programa da xornada é o seguinte:
- 10:00 Recepción de asistentese benvida do Alcalde
- 10:15: Visita ás instalacións do Centro de Emprendemento
- 11:00 LABORATORIO DE IDEAS «A ESTACIÓN»
- Presentación dos servizos do soporte de «A Estación» para os/as AEDLs
- Intervención de AFIPRODEL
- Coloquio sobre emprendemento social e desenvolvemento rural
- Proposta de ideas
- 13:30: Sesión vermout