Curso «O ámbito local, unha gran oportunidade»

Este curso tratará de amosar as posibilidades de desenvolvemento que ofrece o mundo local para a mellora das relacións entre as persoas e da interacción entre a terra e a xente. Preténdese reflexionar en como producir grandes cambios que melloren a calidade de vida das persoas partindo desde a base, desde as interaccións máis básicas entre os territorios e as súas gobernanzas.

Esta acción formativa, coordinada por Santiago Lamosa Quinteiro e impartida por Rosa María Sánchez Martínez (Afiprodel Galicia), Francisco José Ónega López (investigador do Laboratorio do Territorio do Campus Terra) e Marcos Vázquez Marey (Muvicla), abarcará temas como a relación entre o mundo local e a gobernanza; as diferencias entre mundo rural e mundo urbano, e como achegalos de forma efectiva; e avaliar as necesidades formativas das persoas que traballan na administración e gobernanza do eido local.

Neste curso, preténdese fomentar a conexión entre as persoas que viven de costas ao mundo rural e as persoas traballan nesa parte do territorio moito máis grande, e que non son as grandes urbes. Para elo, reflexionarase sobre as necesidades curriculares das persoas que lles toca traballar neste eido, así como dos posibles cambios que se podan introducir nos modelos de gobernanza para facelos cada vez máis humanos e equilibrados.

A formación desenvolverase do 14 ao 16 de setembro en horario de 16:00 a 19:00 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo. As persoas interesadas en asistir a esta formación, poderán inscribirse na seguinte ligazón.

https://www.usc.gal/gl/campusterra/eventos/curso-ambito-local-oportunidad