CULDEIA: Cultura, Patrimonio, IA e desenvolvemento local

Os dias 22 e 23 de novembro terá lugar en Muxía unhas xornadas nas que debatiremos os usos e posibilidades da Intelixencia Artificial enfocando, en especial, para a Administración local: cultura, patrimonio e turismo.

Programa de actividades

Venres 22 de novembro

  • Saúdo da presidencia
  • 17:30 «Intelixencia Artificial: Desafíos e Oportunidades» Pedro Cabalar Lleno . O profesor Pedro Cabalar é unha destacada figura académica no ámbito da computación e a ciencia computacional, pertencente ao Departamento de Computación da Universidade da Coruña. A súa carreira académica e profesional estivo dedicada ao estudo da intelixencia artificial, a lóxica computacional e os sistemas de representación do coñecemento, temas nos que realizou contribucións significativas. Con ampla experiencia en investigación e docencia, o profesor Cabalar publicou numerosos traballos en revistas científicas e en conferencias de prestixio internacional.
  • 18:00 «Redescubrindo o traballo en Comunidade: Coliving Sostible e Cultura Local» Inés Silva, fundadora de iSlow Coliving. Inspirada pola riqueza da Costa da Morte e a tradición da casa familiar de 1915 na que creceu, Inés Silva converteu este espazo rural nun lugar acolledor para nómadas dixitais, familias e profesionais que buscan un ambiente de «slow living». Inés promove un estilo de coliving e coworking que vai máis aló das funcións típicas, creando un refuxio onde a beleza natural e as conexións humanas cobran protagonismo facendo de iSlow un lugar que non só facilita o traballo remoto, senón tamén a inmersión cultural nunha zona de gran valor paisaxístico e gastronómico?.
  • 18:30 Exemplos de aplicación da I.A. na Administración Local.Manuel Antelo, funcionario do Concello de Vimianzo. Titulado universitario en Informática.
  • 19:00 «IA e Sostenibilidade» Ricardo García Mira. Ricardo García Mira é un destacado catedrático de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña, especializado en temas de sustentabilidade, cambio climático e a relación entre as persoas e a súa contorna. Cunha carreira multidisciplinaria, liderou diversos proxectos de investigación financiados pola Unión Europea.
  • 19:30 «Boas prácticas en Cultura, Desenvolvemento Local e IA.» Cristina Pereira Ulla. Pedagoga e técnica de formación no Concello de Santa Comba.
  • Modera: Jose R. Esperante (Afiprodel)

Sábado 23 de novembro

  • De 9:00. 12:00 Networking e conclusións das xornadas.

_________________________________________________

Ver mapa
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña