RESULTADO DO CONCURSO PREMIOS AFIPRODEL-GALICIA ÁS BOAS PRACTICAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

O tribunal elixiu os primeiros premios e accésits-segundos premios por cada modalidade do concurso, aos que se engade o premio especial elixido por votación directa do público na web do concurso.

O tribunal dos premios Afiprodel estivo composto por:

– Mª Mar De Uña Álvarez, Xefa do Servizo de Programas de Cooperación, na Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia

– Mª Rosario Eirín Barrio, Técnica do IGAPE

– Fernando González Truque, Director da UPD da Deputación da Coruña.

– Paloma Pérez Gil, Secretaria de FEPRODEL y APRODEL (AEDL Madrid)

Como asesor técnico Javier López Martínez, Director da Fundación Barrié de la Maza e actuou como secretaria Sofía Agrafojo membro de Afiprodel

VER TABOA DE PREMIADOS

ACTA DO TRIBUNAL
Acta asinada

CRITERIOS

PREMIOS AFIPRODEL_RESULTADOS

O acto de entrega destes premios e dos diplomas aos proxectos participantes na Guía de Boas prácticas que publicarase na web http://premios.afiprodel.org  realizarase o  SÁBADO 26 DE ABRIL ÁS 11:00h NOS LOCAIS DO MUSEO PEDAGOXICO DE GALICIA NA RÚA DE SAN LÁZARO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

Programa:

11:00 Benvida, Dolores Pena Pena, presidenta de Afiprodel-Galicia
11:10 Presentación do acto a cargo do xefe de ceremonias, Javier Lopez Martinez, director da Fundación Barrié de la Maza
11:20 Entrega de diplomas ás boas prácticas de desenvolvemento local. Fai entrega Guillermo Viña Xerente IgapeNova.
11:30 Entrega dos premios da Modalidade C ás boas prácticas promovidas por empresas e emprendedores. Fai entrega Xoan Miguel Concheiro Abal, subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
11:50 Entrega do premio especial do público. Fai entrega Cristobal Dobarro Gomez. Presidente AJE Ferrolterra
12:10 Entrega de premios Modalidade B ás boas prácticas promovidas por centros de ensino e entidades sen finalidade de lucro.Fan entrega en representación do tribunal dos premios Afiprodel Mª del Mar de Uña Alvarez, Xefa do Servizo de Programas de Cooperación, na Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar e Fernando González Truque, Director da UPD da Deputación da Coruña.
12:20 Entrega de premios Modalidade A ás boas prácticas promovidas por administración públicas. Fai entrega Ramón Tojo, deputado Provincial e alcalde de Rois.
12:30 Clausura a Deputación da Coruña Ramón Tojo deputado Provincial e alcalde de Rois