ENLACES: facebook.com/xirume
twitter: @xirume2012
CONCELLO: MAZARICOS (A CORUÑA)
AEDL: JOSÉ RAMÓN ESPERANTE
O PROXECTO: Xirume e unha empresa de axuda a domicilio que ofrece un programa individualizado, de carácter preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, no que se articulan un conxunto de servizos e técnicas de intervención profesionais consistentes na atención persoal, doméstica, de apoio psicosocial, familiar, de convivencia, de relacións co ámbito e outros, prestados no domicilio daquelas persoas cuxa independencia funcional se atopa limitada ou que atravesan unha situación que causa a súa dependencia nalgún grao. Ademais disto Xirume quer ir máis ala e ofrece a posibilidade de que os papas e mamas desfruten de tempo libre ou tempo para as súas xestións por iso pon a súa disposición @s mellores profesionais para dinamizar, ensinar e divertir os más pequenos. E como Xirume e unha empresa moi completa que pensa nas necesidades das persoas comúns pensou tamén en ofrecer un servizo de limpeza completo e cun prezo axustado os tempos nos que vivimos. Por iso cando falamos da empresa XIRUME, falamos de tres servizos: Limpeza, Axuda no fogar e coidado e entretenemento dos máis pequenos.