PROXECTO: «UNED SENIOR de XESTOSO: DINAMIZADORA DO RURAL»

ENLACES: alumnosunedsenior.jpg

Os Sénior no Centro Asociado A Coruña
Diario dos Sénior
Páxina web dos Sénior
UNED Sénior Sede Madrid
Os Sénior en Facebook
Páxina web de Xestoso

CONCELLO: MONFERO (A CORUÑA)

AEDL: RUTH ÁLVAREZ GRANDE

O PROXECTO: O programa UNED Senior no se desenvolve nin no Centro Asociado da Coruña nin na Aula Universitaria de Ferrol. A sua característica máis peculiar é que, a diferenza do que acontece cos programas Sénior doutras Universidades ou doutros Centros Asociados da UNED, se pretendeu achegar este programa universitario aos maiores do ámbito rural. Actualmente ámbito de influencia da UNED Sénior do Centro Asociado da Coruña abrangue os municipios de Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermade e Rianxo, municipio no que comenzou a impartirse as clases, como novidade, no curso 2013-2014.

O Consello de Anciáns de Xestoso viña buscando un achegamento da Universidade ao ámbito rural, como vía de dinamización do medio rural galego e aposta pola formación nun ámbito tradicionalmente desvinculado da Universidade, un dos motores de desenvolvemento social máis potentes.

A experiencia naceu a consecuencia da confluencia de varios factores: a demanda do Consello de Anciáns de Xestoso dun achegamento da Universidade ao medio rural (mesmo defendendo a necesidade de crear unha «Universidade rural»; a por outra parte, a experiencia previa de colaboración entre o Conselo de Anciáns de Xestoso e a Asociación de Mulleres Rurais de Xestoso co Centro Asociado da UNED da Coruña para a realización dun curso de coidadores de anciáns que viña desenvolvéndose con certo éxito.

FICHA COMPLETA DO PROXECTO