PROXECTO: «RIBADEO BIRDING»

ENLACESwww.ribadeo.org RibadeoBirding

CONCELLO: RIBADEO (LUGO)

AEDL: MÓNICA BARCIA PAREDES

O PROXECTO: Ribadeo Birding surxe como unha iniciativa de dinamización turística e da economía local de Ribadeo. O proxecto desenvólvese buscando o aproveitamento da gran riqueza natural do entorno de Ribadeo e da súa Ría, neste caso centrado na grande variedade e na notoriedade que ten dentro da ornitoloxía.

O seu obxetivo e captar un visitante que ata o momento non era demasiado representativo, en moitos casos por descoñecemento na zona; o Turismo Ornitolóxico.No desenvolvemento do mesmo, buscouse en todo momento que participaran e que se involucraran todos os axentes de ocio e do sector turístico complementarios, fomentando así a dinamización da pequena economía local, a creación de sinerxías e a explotación de novas posibilidades, sobre todo orientadas a deslocalización estacional do turismo.