PROXECTO «POSTA EN VALOR E DINAMIZACIÓN TURISTICA DO FARO VILÁN DE CAMARIÑAS»

CONCELLO: CAMARIÑAS (A CORUÑA)
AEDL: Mª JOSEFA JIMÉNEZ SÁNCHEZ, EMILIO GONZALEZ RAMOS

O PROXECTO:  A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas (A Coruña) conscientes das potencialidades do Faro Vilán de Camariñas como punto de referencia turística de Galicia y da Costa da Morte, deseña este proxecto de posta en valor e dinamización do Faro, para o que realiza acordos coa Autoridade Portuaria de A Coruña logrando a cesión de dúas salas do edificio. Coa subvención de AGADER realiza actuacións de acondicionamento e mellora nestes espazos nos que se crea unha sala de exposicións e usos múltiples, unha cafetería e un punto de información turística e exposición de produtos artesanais . Neste espazo está a desenvolver diferentes accións e eventos para atraer un maior número de visitantes tanto en tempada baixa como alta para favorecer o coñecemento desde punto de Interese Turístico Nacional e dinamizar a oferta que se ofrece na zona. Convertíndose nun punto de referencia e dinamización da Costa da Morte e de Camariñas, xerando emprego e actividade económica no concello