PROXECTO: «OTEUCARON S. COOP. GALEGA»

ENLACES: oteucaron@hotmail.es LOGO-OTEUCARON-S

CONCELLO: NOGUEIRA DE RAMUÍN (OURENSE)

AEDL: OFICINA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO (CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN)

O PROXECTO: OTEUCARON é unha empresa de axuda no fogar que presta os seus servizos nos domicilios dos usuarios,servizos básicos para o desenvolvemento da vida de calquera persoa e máis aínda daquelas que por diversas circustancias non poden valerse por si mesmas en determinados momentos.A finalidade é manter no seu medio e no seu ambiente ós usuarios, rodeados dos seus seres queridos o maior tempo posible, xa que en poucas ocasións estas persoas abandoan voluntariamente os seus fogares.

O proxecto de axuda fogar de OTEUCARON plantea unha intervención social de proximidade e cercanía coas persoas dependentes, que permite fortalecer a malla social para evitar a exclusión social deste grupo poboacional.Implica multitude de actividades, todas elas destinadas a integración dos usurarios no seu entorno habitual, centrándose en combatir o aislamento social, fomentar o benestar psicosocial do maior, xerar dinámicas de inclusión, fomentar un envellencemento activo e saudable e evitar situacións futuras de dependencia.

Dende o día 01 de marzo, data do incio de actividade, ata a actualidade atendeuse un total de 47 usuarios nos seus domicilios.Coa posta en marcha do proxecto atendéronse as demandas e necesidades dun sector poboacional moi necesitado de atención e contribuíuse a diminuír o deterioro e o desarraigo que conleva o aislamento que por diversas circustancias sofren os nosos maiores.

O noso servizo vai dirixido a tódalas persoas maiores que desexen permanecer no seu domicilio habitual rodeado do seu ambiente social e familiar, con un deterioro físico, cognitivo e social que diminúa a súa capacidade de autonomía para realizar as actividades da vida diaria. Neste sentido hai que ter en conta que o tipo de servizo que se ofrece pode ir destinado non só as persoas maiores senón tamén a calquera persoa que padeza dunha discapacidade.

OTEUCARON centra a súa actividade na prestación dun servizo integral, consistente nun programa individualizado, de carácter preventivo e rehabilitador, no que se articulan un conxunto de servizos e técnicas de intervención, a través de profesionais que realizan a atención persoal, doméstica, de apoio psicosocial e familiar..

FICHA COMPLETA DO PROXECTO