PROXECTO: «MÁIS MAR NO BELA MUXÍA»

ENLACESwww.belamuxia.com bela-muxia-portada

CONCELLO: MUXÍA (A CORUÑA)

AEDL: ROSA MARÍA SÁNCHEZ MARTÍNEZ

O PROXECTO: O “Albergue do Mar de Muxía” medra e desenrólase a só un ano da súa posta en marcha. NACE HOSTEL – ATALAIA. Perseguimos a mellora constante e iniciamos unha NOVA LIÑA DE ACTIVIDADE: apostamos por un turismo de calidade media – alta ó cal lle ofertamos oito cuartos (vintecatro prazas) todos realizados e acabados nas mellores calidades constructivas. O mar da Costa da Morte volve a invadir o “Bela Muxía” influíndo na arquitectura, no deseño baseado nas actividades marítimo – pesqueiras e na orientación dos espazos cara a vila de Muxía. A natureza invadirá a primeira planta con pequenos árbores autóctonos, as instalacións estarán orientadas cara as persoas con minusvalías, o exterior dominará sobre o interior a través de grandes terrazas, as enerxías limpas e alternativas complementarán ás tradicionais, as novas tecnoloxías predominarán pero tamén seguiremos mimando persoalmente ós usuarios e peregrinos. E todo o proxecto, de novo, supervisado por grandes e destacados persoeiros da cultura da vila de Muxía, especialistas no Camiño de Santiago, na literatura, no deseño, na creación de exposicións o que nos levou a ser merecedores de destacadísimos premios nacionais e internacionais e que, de seguro, volveremos a conseguir. Definitivamente as expresións artísticas, en todas as súas formas de representación, invaden o día a día do hostel – albergue “Bela Muxía” e trasladan o mar e a vida das xentes do mar ás súas instalacións e convírteno nun REFERENTE CULTURAL onde se presenta, expón e se transmite a cultura mariñeira. ¡¡O MAR VOLVE CON MÁIS FORZA SOBRE BELA MUXÍA!!

FICHA COMPLETA DO PROXECTO