PROXECTO: «IDEA_ASPONTES PARTICIPACIÓN PÚBLICA DO PXOM»

ENLACES: PPP-ideaAsPontes

 http://www.ideaaspontes.com/

https://www.facebook.com/idea.aspontes

https://twitter.com/IdeaAsPontes

CONCELLO: AS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (A CORUÑA)

AEDL:  ISMAEL BLANCO BOUZA

O PROXECTO:  Na actualidade, dende o Concello das Pontes, estase a traballar para que a elaboración do novo PXOM, máis aló das consideracións de carácter técnico, recolla e reflicta a vontade da cidadanía en relación ao futuro do seu municipio. Para descubrir e dar resposta ás necesidades colectivas, a redacción do PXOM está a contar cun proceso de diálogo, debate e intercambio de opinións entre as distintas agrupacións, entidades e veciñas e veciños que conforman o tecido social do municipio. A este proceso chamámoslle ideaAsPontes.

IdeaAsPontes formúlase como un Proceso de Participación Pública, continuación lóxica e necesaria do realizado na primeira fase da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello das Pontes. O planeamento dun proceso participativo destas características, xurde a partir da constatación das seguintes necesidades básicas:

• Dar a coñecer, informar e explicar ao conxunto da cidadanía, en que consiste un Plan Xeral, para que se emprega, e cales son as súas funcións, dunha forma clara e sinxela.

• Motivar a veciñanza a participar no proceso, co obxectivo de que os grupos de goberno e máis o persoal técnico do proxecto aprendan do coñecemento e inquedanzas cidadás, descubrindo e dando resposta ás necesidades colectivas, debatendo e intercambiando opinións.

• Crear un clima de compromiso e de traballo compartido, implicando a cidadanía na construción do futuro urbanístico do municipio.

• Facer partícipe ao conxunto da veciñanza pontesa na elaboración deste documento que marca as pautas do futuro urbanístico do Concello.

Deste xeito, e englobadas baixo a denominación ideaAsPontes, deséñanse distintas ferramentas e recursos, que facilitarán a implicación e participación neste proceso de elaboración conxunta, proporcionando información e criterios para a análise: Obradoiros prospectivos-participativos coa veciñanza; a enquisa online ideaAsPontes; concursos e actividades para abrir a participación á mocidade, etc., ferramentas todas elas, integradas nunha estratexia de comunicación que difunda e informe sobre a importancia da participación veciñal no proceso de redacción do PXOM.

FICHA COMPLETA DO PROXECTO