PROXECTO «AURORA DOS CAMIÑOS»

ENLACES: https://www.facebook.com/auroradebuxan Benvida

CONCELLO: MUXIA (A CORUÑA)

AEDL: OSVALDO SANTOS LOBELOS

O PROXECTO: A finalidade do proxecto é a de conseguir estar realmente ben, non só conformes coa vida. Ter o básico garantido, por pura lóxica, para nós e para a contorna; así como velar por manter sempre as gañas de aportar ó común, de dar, conscientes de que disto depende tamén o propio benestar. No noso día a día tocamos áreas que pertencerían a distintos sectores: agricultura, hospedaxe, hostalería, saúde, varias disciplinas artísticas… Destacan a cantidade de boas ideas e propostas que xorden dos foros de San Martiño de Ozón, Muxía, sede dun dos fogares da cooperativa, para animar nun sentido holístico o territorio da Costa da Morte, onde nos atopamos. Tempo haberá para poñelas en práctica. Pero o máis salientable do proxecto é que o están a levar a cabo, cada día, e  conxuntamente, un bo número de seres humanos, que non só están convencidos de que as cousas están saíndo ben, senón que ata se atreven a por en práctica sen dubidalo, mais pese as dúbidas, a innovación que se propón en relación ó uso do diñeiro, explicada no apartado de estratexias. Empregamos as novas tecnoloxías da información para compartir documentos en formato dixital a través da nosa páxina web e, no noso afán de compar tir, procuramos apostar polo software non privativo.

FICHA COMPLETA DO PROXECTO