PROXECTO: «AULAS NA COSTA DA MORTE»

CONCELLO: VARIOS CONCELLOS DA COSTA DA MORTE (A  CORUÑA)
AEDL: DOLORES PENA

O PROXECTO: A Universidade, través do grupo de investigación Persoa-Ambiente, liderado polo Profesor Dr Ricardo García Mira, presenta este proxecto de desenvolvemento social e económico para a Costa da Morte, consistente nunha serie de actividades divulgativas que, agrupadas baixo o nome de AULAS NA COSTA DA MORTE, veñen desenvolvéndose en distintos municipios da Costa da Morte desde o ano 2004, municipios que non superan os 20.000 habitantes.
A actividade conta coa colaboración, nas súas últimas dúas edicións, da asocación AFIPRODEL, de profesionais do desenvolvemento local. Un proxecto que pretende conectar as actividad es universitarias de divulgación en materia de desenvolvemento local (ambiental, político, social, económico) cós cidadáns residentes en municipios fora dos campus universitarios, pero que, en definitiva, son os que sosteñen a institución universitaria. Desenvólvese así a obriga social de proporcionar á cidadanía claves para a elaboración de discurso social, ambiental e político para a efectiva abordaxe dos problemas socioeconómicos que han favorecer o desenvolvemento local.
A actividade participan profesores e profesoras universitraios/as achegando os resultados das súas investigacións e divulgando o coñecemento nun ámbito máis local.

FICHA COMPLETA DO PROXECTO