PROXECTO: «ALDEA DO COUTO, ALDEA DO SÉCULO XXI»

ENLACES: fundacioneduardopondal@gmail.com J12N2005

CONCELLO: PONTECESO (A CORUÑA)

O PROXECTO: O proxecto pretende establecer as vías necesarias, a través dun estudo rigoroso encargado á USC, para a recuperación socioeconómica da Aldea do Couto e convertela nun núcleo sostible capaz de xerar dinamismo económico e emprego a través de novas propostas empresarias, ao tempo que se persegue atraer poboación para frear o proceso de despoboamento que vive o rural galego. Pretende ademais proporcionar unha alternativa a mozos e mulleres que sofren especialmente o paro. O modelo pode ser perfectamente exportable a outros núcleos rurais que o poden tomar como referencia para a súa proxección socioeconómica.

FICHA COMPLETA DO PROXECTO