GUIA DE BOAS PRACTICAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

Esta guía de boas prácticas pretende mostrar e difundir o labor dos profesionais do desenvolvemento e a forza do LOCAL na innovación, no aproveitamento e posta en valor dos recursos, a mellora da calidade de vida e a sustentabilidade das sociedades e os seus contornos.

boas_practicas

A publicación que presentamos recompila os proxectos presentados aos Premios Afiprodel 2013 ás boas prácticas de desenvolvemento local realizadas en concellos galegos menores de 20.000 habit

antes que estiveron asesorados ou informados por profesionais do desenvolvemento local.

A prioridade dos premios de Afiprodel foi visibilizar as boas prácticas de pequeno tamaño que non adoitan divulgarse e mesmo non presentarse a convocatorias de premios por mor dunha modestia que oculta gran parte das boas prácticas máis trasferibles entre territorios. Pequenos proxectos empresariais, actuacións ou proxectos de colectivos que son experiencias inspiradoras e motoras, ben polo seu positivo impacto nas condicións de vida da comunidade ben por ter mobilizado o potencial do seu territorio máis aló do puramente económico; pola implicación da cidadanía e colectivos, pola cohesión e colaboración desenvolvida e xerada, polas alianzas atopadas e creadas, polas novidades e innovación realizadas nos procesos, nas ferramentas ou estratexias, pola aplicación das NTICs ou pola posta en valor de recursos endóxenos.

GUIA DE BOAS PRACTICAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL