PROXECTO: «FISIO-CHE BEN»

ENLACES: www.fisiocheben.com  (facebook FISIO-CHE BEN FISIOTERAPIA) Fisio-che ben

CONCELLO: SAN SADURNIÑO (A CORUÑA)

AEDL: Ignacio Fernández López

O PROXECTO: FISIO-CHE BEN ® é un centro de FISIOTERAPIA E REHABILITACION afincado en SAN SADURNIÑO, na comarca de FERROLTERRA-ORTEGAL. Somos unha empresa do sector servicios, en concreto aportamos SERVICIOS SANITARIOS, tanto dende un labor preventivo como un labor curativo. Pertencemos a sociedade rural que tanto identifica a esta GALICIA nosa, e pretendemos dinamizala achegando os nosos coñecementos sobre saúde a poboación. Como servicios innovadores realizamos servicios externos de xestión de servicio de fisioterapia en dúas miniresidencias de maiores (RESIDENCIA O CASON MOECHE, RESIDENCIA SUA CASA SAN SADURNIÑO), ofertamos pilates terapéutico nas asociacións veciñais da zona (BARDAOS, VILABOA), especialidades en fisioterapia (drenaxe linfático manual, osteopatia, fibrolisis instrumental miofascial, pilates, etc…), promoción REGALA SAÚDE, REGALA FISIO-CHE BEN etc… O noso éxito radica en adaptarnos as necesidades dos pacientes e aportándolles a seguridade de que están sendo tratados por persoal cualificado. Temos presencia nas novas tecnoloxias coa nosa web que incorpora a novidade dun video exemplificativo de como chegar a nosa sede, xa que nos atopamos na zona 1 rural e pode resultar dificil chegar para as persoas alleas a comarca.. Tamen temos presencia nas redes sociais pero sóamente para persoas vinculadas a clínica, pacientes, proveedores, asociacions para que estean actualizados nas actividades que imos realizando no centro.

FICHA COMPLETA DO PROXECTO