PROXECTO: «XANELA S.COOP. GALEGA»

ENLACESwww.xanela.coop  Imagen

CONCELLO: AMOEIRO (OURENSE)

AEDL: BEATRIZ ALVAREZ PEREZ

O PROXECTO: Xanela S.Coop.Galega está formada por tres socias traballadoras: unha pedagoga con ampla experiencia no eido da terceira idade, unha pedagoga terapeuta con anos dedicados á atención á diversidade, ao ensino das diferentes ciencias e á formación a desempregados/as, e unha mestra de Lingua Inglesa con experiencia contrastada no ensino das diversas linguas e literatura: lingua castelá, galega, inglesa, francesa, latín e grego así coma na formación de adultos. Traballamos basicamente en tres liñas:

– Envellecemento activo: concienciando á poboación da importancia que este tipo de actividades ten na súa saúde física, mental e social, e desenvolvendo diversas actividades en asociacións veciñais: pilates, ximnasia de mantemento, baile e estimulación da memoria, cachibol, entre outros.

– A formación: ofrecendo servizos de apoio escolar a todos os niveis e asignaturas, sempre coa lingua inglesa de xeito transversal. A nosa metodoloxía no ensino está baseada na teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner

– Alternativas de ocio: ofrecendo servizos deportivos, de ocio e artísiticos, coma fútbol infantil, baile, zumba, organización de torneos de futbolín, de festas sen alcol para os mozos e mozas da contorna, teatro…

FICHA COMPLETA DO PROXECTO