PROXECTO: «FÁLAME DE SAN SADURNIÑO»

ENLACESwww.sansadurnino.org  falamesansadurnino

CONCELLO: SAN SADURNIÑO (A CORUÑA)

AEDL: IGNACIO FERNÁNDEZ LÓPEZ

O PROXECTO: “Fálame de San Sadurniño” é un proxecto colaborativo na rede que xurdiu dunha actividade desenvolvida na Aula CeMIT do Concello de San Sadurniño para conmemorar o 17 de maio do 2013, día das Letras Galegas e tamén día de Internet, conxugando na mesma actividade a defensa da lingua galega e o emprego das TIC. Mais o proxecto seguiu desenvolvéndose en progresión xeométrica ata convertérense nun espazo web único e orixinal, construído polas aportacións de veciños/as de San Sadurniño, no que o pasado e o presente, as voces distantes e distintas dos seus habitantes, as novas tecnoloxías e a cultura labrega, emprendedores/as e patrimonio, ecoloxía e restauración, deportes e historia conviven nun mesmo espazo-tempo, vertebrado a través de todo tipo de soportes: fotografías antigas e novas, sons, vídeos, documentos históricos, textos, gráficos, mapas e cancións. Un espazo na rede no que simples “fotos faladas” cargan de sentido colectivo a pequenas vivencias individuais que, so en aparencia, semellan desconectadas. Un lugar de encontro da memoria oral e a historia do concello, ao tempo que fai visible a vitalidade do tecido asociativo ou empresarial contemporáneo do concello de San Sadurniño. O proxecto converteuse ademais nunha ferramenta sinxela -mais eficaz -para implicar, motivar e achegar ás TIC á cidadanía, nomeadamente en contextos rurais sen coñecementos previos nas TICs, xa que os/as participantes realizan todo o proceso: dixitalización e xeolocalización das súas fotografías; gravación de audio explicativo, 2 para subir logo o resultado final á web www.falamedesansadurnino.org, realizando íntegramente todo o proceso.

FICHA COMPLETA DO PROXECTO