Axúdanos a atopar pequenas iniciativas galegas que son grandes no desenvolvemento do seu contorno

As boas prácticas son experiencias, moitas veces pequenas, pero de gran importancia para os concellos, colectivos e recursos do territorio no que se desenvolveron e que teñen capacidade para tranferir o seu saber facer a outros territorios, actividades e colectivos.

AMPLIACION DO PRAZO. Despois de recibir unha gran cantidade de peticións para a ampliación do prazo de presentación de proxectos Afiprodel tomou a decisión de ampliar o prazo de presentación de candidaturas ATA O 31 DE XANEIRO DE 2014. Asimesmo o prazo de votación esténdese ATA O 15 DE FEBREIRO DE 2014.

As boas experiencias son unha das grandes riquezas de calquera persoa e sociedade, este acervo debe divulgarse e compartirse para axudar a crecer, recoñecer a capacidade das persoas e culturas para enfrontar e resolver desafíos e orientar a outros para facer cada vez mellor as cousas, reproducindo axeitadamente, adaptando, alterando ou transformando e moitas veces simplemente inspirando novos proxectos e actuacións que trascende a experiencia mestra.

Pequenos proxectos empresariais, actuacións ou proxectos de colectivos e territorios son experiencias inspiradoras e motoras para outros proxectos, colectivos e territorios ben polo seu positivo impacto demostrado nas condicións de vida da comunidade afectada pola iniciativa, por ter movilizado o potencial do seu territorio máis aló do puramente económico, pola implicación da cidadanía e colectivos, pola cohesión e colaboración desenvolvida e xerada, polas alianzas atopadas e creadas, polas novidades e innovación realizadas nos procesos, nas ferramentas ou estratexias, pola apliación das NTIc´s ou pola posta en valor de recursos endóxenos…

Afiprodel Galicia (Asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento local de Galicia) promove estes premios para visibilizar, dar un recoñecemento público e difundir os proxectos e actuacións de desenvolvemento humano local realizado nos territorios de municipios galegos de menos de 20.000 habitantes nos que teña colaborado os servizos dun profesional de desenvolvemento local.

Do 1 de setembro de 2013 ó 31 de xaneiro de 2014, pode presentarse a esta convocatoria calquera iniciativa privada, pública ou mixta que comparta o enfoque humano, sostible e endóxeno do desenvolvemento local.

Un xurado e as votacións públicas realizadas do 1 de xaneiro  ó 15  de febreiro de 2014  outorgaran 3 galardóns e tres accesits para experiencias promovidas por entidades e administracións públicas, por entidades privadas e para proxectos emprededores e/ou de empresas. Ademais haberá un recoñecemento especial para o proxecto máis valorado polo público na páxina web.

Os proxectos premiados e concursantes estarán dispoñibles nun documento web e divulgarase en medios de comunicación, redes sociais e exposicións que realice Afiprodel sobre desenvolvemento local. Afiprodel fará entrega dos premios nun acto oficial na data e lugar que será anunciado nesta web e nos medios de comunicación.