I FORO de DESENVOLVEMENTO LOCAL
Viernes, 19 de Diciembre
(sesión non aberta ó público dedicada ó debate dos grupos de traballo. As conclusións serán presentadas o sábado día 20, acto que será aberto mediante inscrición gratuita).
17:00h GRUPOS DE TRABALLO "REDE INTERNACIONAL DE DESENVOLVEMENTO LOCAL"
Grupos compostos por representantes de asociacións de AEDLs de España (Federación de España, asociacións de Aragón, Asturias, Cantabria, Castela-León, Madrid e Valencia-Alicante), representantes de universidades galegas, expertos en cooperación internacional e axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia.
Liñas de traballo: Obxectivos da rede e papel dos AEDLs; Oportunidades no novo período de programación dos fondos comunitarios; Outras liñas de financiamento para a rede.
20:00h. Posta en común dos resultados e peche da sesión
Sábado 20 de Diciembre
10:00h ACTO PRESENTACION
Dolores Pena. Presidenta de Afiprodel-Galicia
Ramón Tojo Lens, Deputado Provincial e Alcalde do Concello de Rois.
10:15h REDE INTERNACIONAL DE DESENVOLVEMENTO LOCAL.
Conclusións dos grupos de traballo do sábado para ó seu análise e engadir as aportacións do público asistente.
Presenta e modera: Sofía Agrafojo (Membro da Xunta Directiva de Afiprodel)
Interveñen os/as coordinador/as dos grupos de traballos.
11:00-12:00h A PROFESION DE AEDL NO NOVO MARCO NORMATIVO
Presenta e modera: Ignacio Fernández (Coordinador da Comisión da profesión de Afiprodel)
Repercusións do novo marco normativo e competencial nos profesionais e servizos de desenvolvemento local (Javier Gonzalez, Presidente de Federación Española de profesionais do desenvolvemento local - FEPRODEL)
Estudo de casos e xurisprudencia sobre demandas xudiciais relacionadas cos profesionais de desenvolvemento local (Fabian Valero Moldes, avogado , asesor e auditor Laboral. Colaborador da área laboral da Universidade de Vigo).
As repercusión do novo marco normativo nas actividades relacionadas co emprego e desenvolvemento local nas administración locais (Juan B. Suárez Ramos, Interventor Adxunto da Deputación da Coruña; Anxela Mª Viqueira Allo, Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza).
12:00- Descanso - Café
12:15-13:30h PLAN DE DESENVOLVEMENTO E BOAS PRÁCTICAS
Presenta e modera: Osvaldo Santos (Vicepresidente de Afiprodel)
Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia e boas prácticas (Chefa Fernández, Xerente do GDR Terras de Compostela).
Economía Social: Programas para o desenvolvemento do cooperativismo (Mª del Mar Pernas Márquez. Xerente da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado - UGACOTA)
13:30-13:45h ACTO DE CLAUSURA
14:00h BUFÉ NETWORKING - Pazo de Galegos en Vedra www.pazodosgalegos.com VER MAPA
16:30-18:00h VISITA GUIADA: BOAS PRÁCTICAS
Boas prácticas no Concello de Vedra. Visitaremos a bodega de Pazo de Galegos e o viveiro “Feitoría Verde S. Coop. Galega”, especializado en planta ecolóxica e situado no lugar de Xián (San Pedro de Sarandón - Vedra) www.feitoriaverde.com VER MAPA.
Afiprodel organiza co cofinanciamento da Deputación da Coruña este foro nun contexto de crise no que as administracións públicas, salvo excepcións contadas, veñen apostando por unha viabilidade baseada en fortes recortes e contraccións de investimentos e gastos que poñen en alerta a moitas das liñas de actuación relacionadas co estado de benestar e co emprego e desenvolvemento local (DL).
As novidades normativas sobre competencias locais, sostenibilidade dos servizos públicos e aforro económico xunto coas esixencias dos obxectivos da Europa 2020 e as directrices nos plans e estratexias de desenvolvemento competitivo dos territorios, debuxan unha situación con dous caras: unha na que o DL é peza imprescindible para saír desta crise e non incrementar as desigualdades entre as persoas por razón xeográfica ou sociopolítica; e outra onde estamos a asistir ao desmantelamento de moitos servizos públicos mesmo os realizados polos profesionais de desenvolvemento local cunha invisibilización da importancia e consecucións acadadas cara á supervivencia e crecemento competitivo, harmónico e sostible dos territorios.
Este contexto, cambiante e inestable, motiva que este Foro teña como eixo central aos profesionais de desenvolvemento local e o servicio á comunidade que veñen prestando para xerar territorios intelixentes, a mellora da calidade de vida dos seus habitantes e a súa sostenibilidade.
Obxectivos
- Promover a creación dunha rede temática internacional de DL que poña en contacto e cooperación aos profesionais, entidades e territorios.
- Analizar as repercusións nos AEDL do novo contexto normativo nas administracións locais e os efectos nas súas situacións laborais.
- Coñecer o Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia e boas prácticas executadas en anteriores plans da comunidade galega así como o papel dos AEDL local nos mesmos.
Este foro ademais
- Propiciará encontros e intercambios entre AEDLs de diferentes zonas de España e Galicia. Para o que tamén se organiza unha comida-bufé Networking.
- Será o inicio da elaboración dunha folla de ruta para abordar o proxecto de creación dunha rede temática
- Promoverá a participación e intercambio nas redes sociais de Afiprodel coa etiqueta #foroafiprodel (facebook.com/Afiprodel.org) e (twitter.com/afiprodel)
I FORO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
Lugar: Centro Sociocultural Fontiñas, Rúa de Berlín, 13
15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
Asistencia gratuita previa inscrición. O prazo remata o 18 de decembro ás 15:ooh
Se queres participar descarga a ficha de inscrición, cubre os datos e enviaa á seguinte dirección de correo: afiprodel.org@gmail.com
Máis información en afiprodel.org@gmail.com e tamén no teléfono 686.243.933
ASISTENCIA GRATUITA PREVIA INSCRICIÓN



Santiago de Compostela | 19-20 decembro 2014
Esta inscrición da dereito á asitencia gratuíta para o foro do sábado 20 de decembro xa que os grupos de traballo da sesión do 19 de decembro non está aberta ao público e ten prazas moi limitadas e previa invitación da organización. No caso de estar interesado/a en formar parte destes grupos de traballo deberá contactar telefónicamente con Afiprodel e solicitar invitacion expresa.
