“A Forza do Local” visita Coristanco e Santa Comba
O itinerario desta exposición creada por Afiprodel segue a súa ruta polas terras de Costa da Morte e dende o 14 de febreiro ata o 4 de marzo de 2016 estará nos locais do Centro de Formacion EFA Fonteboa no Campo de la Feria, S/N, do Concello de Coristanco (A Coruña). Esta activiade estará integrada nas materias de Ciencias Sociais (3º de ESO) e Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras (4º de ESO).
O mércores 24, a las 16,00 h realizarase unha presentación de Afiprodel y da exposición de “A forza do local” para os 55 alumnos de 3º y de 4º de ESO. Esta exposición presenta boas prácticas, nas que estiveron implicados os profesionais de desenvolvemento local, promovidas por persoas emprendedoras, empesas, entidades e administracións locais de Galicia.
O Centro de Formación do Concello de Santa Comba será o vindeiro destino. A Exposición estará aberta ao público do 7 a0 19 de marzo de 2016.
É unha exposición itinerante gratuíta dispoñible para os centros de ensino, concellos e entidades que a soliciten durante este ano 2016. Só se debe remitir a súa solicitude a afiprodel.org@gmail.com.
Máis información e modelo de solicitude en www.afiprodel.org/feira