Señorans-Vimianzo (A Coruña) 16 e 17 de decembro de 2016.
Afiprodel organiza “Desenvolvemento Local LABS”, un espazo de análise e intercambio co cofinanciamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Vimianzo (A Coruña).
Co formato LABS pretendese recoller as achegas e intercambios que as persoas participantes realicen sobre os desafíos da profesión e o desenvolvemento local aproveitando o capital humano, social e intelectual da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local e outros axentes do territorio galego.
Coas conclusións e consensos que resulten destas xornadas Afiprodel elaborará un documento que se publicará na web da asociación e se entregará á Xunta de Galicia, ás Deputacións provinciais, administración locais, universidades, medios de comunicación, entidades de relevancia territorial e profesional e a tódala rede de axentes de emprego e desenvolvemento local co fin de orientar as accións e políticas relaciona.
As xornadas rematarán cun Networking nos Batáns de Mosquetín de Vimianzo.
A asistencia é gratuíta previa inscrición antes do 9 de decembro.
Sitio web da actividade www.afiprodel.org/labs